Sábado. 18.05.2024

A pasada fin de semana, La Nucía en Alacante acolleu a XIX edición do Open de España G2 de taekwondo, e no que participaron oito deportistas do Ximnasio Maniotas e que acadaron uns bos resultados con dúas medallas unha de ouro e outra de bronce.

Así, acudiron á competición nacional Uxía Antelo, Lucía Salanova, Aarón Santamaría, Daniel Piñeiro e Yago Sande na categoría cadete; Adrián Salanova e Manu del Río na júnior e Aitana Fariña que competiu na categoría sénior.

Ao remate do open, o cadete Daniel Piñeiro subiuse ao terceiro caixón do podio, mentres que o seu compeñeiro de equipo, Adrián Salanova, colgábase a medalla de ouro na categoría júnior.