Sábado. 18.05.2024

O Concello de Outes vén de dar luz verde ao POS+2022 por un total de 377.061,07 euros cos que se realizarán a humanización da rúa Doutor Esperante e a mellora de varias rúas como A Braña no Conchido entre outras.

No POS Complemetario dotado por un importe de 292.907,77 euros tamén se vai destinar á pavimentación e acondicionamento de varias rúas e camiños, así como tamén ao acondicionamento da antiga escola de Tarás.

Por outra banda, o Pleno aprobou tamén o POS+2022 adicional para gastos sociais cun importe de 73.319 euros que serán utilizados para o reforzo do Servizo de Atención no Fogar e ao Punto de Atención á Infancia. Tamén se van destinar para axudas da adquisición de material informático para estudantes, axudas para a mellora da autonomía e accesibilidade das persoas maiores e dependentes e axudas de Emerxencia Social.