Sábado. 27.07.2024

O alumnado do CEIP Santa Baia ten xa novo comedor nas instalacións do centro de ensino. Unha actuación moi demandada pola comunidade educativa para cubrir a demanda do alumnado con este servizo. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Educación, María Outeiral, visitaron as instalacións para coñecer o resultado da actuación.

A comunidade educativa do CEIP Santa Baia levaba anos solicitando unha ampliación do comedor para dar cabida a todos os nenos e nenas que precisan deste servizo. O Concello de Boiro e a Consellería de Educación traballaron en conxunto para que o centro dispoña dunhas instalacións acorde coas necesidades.

A Consellería de Educación levou a cabo as obras para a ampliación do comedor escolar do centro e o Concello de Boiro realizou o mobiliario que se está instalando para completar a actuación . “Esta obra era unha demanda de toda a comunidade educativa e que se puido levar a cabo mediante a colaboración das dúas administracións”, afirmou a concelleira María Outeiral.

Durante os dous últimos anos o Concello de Boiro subvencionou o transporte para o alumnado que se tiña que desprazar a diario ás instalacións do restaurante Chicolino ao non dispoñer de prazas suficientes no centro para todos os nenos e nenas que precisan dispoñer deste servizo

O CEIP Santa Baia,de Boiro dispón de novo comedor