Venres. 19.04.2024
Horacio Rouco, portavoz do PSdG-PSOE, en declaracións a Bisbarra, apuntou que se “trata dunha oportunidade única para revitalizar a nosa Comarca. Trátase dun proxecto que é posible grazas aos fondos europeos que servirán para xerar actividade económica e emprego non só en Palas senón tamén na Comarca. Axudará, sen dúbida tamén, a asentar poboación no rural”.