Sábado. 27.07.2024

O Concello de Palas de Rei realizará unha reforma completa das instalacións polideportivo municipal. As obras significarán a sustitución completa da cuberta e a renovación da pista polideportiva nunha primeira fase e cun importe total dos traballos de 120.000 euros, dos cales, 100.000 euros son froito dun convenio coa Secretaría Xeral do Deporte e os 20.000 euros restantes son aportados polo Concello de Palas de Rei.

Posteriormente, e con fondos propios do Concello, invertiranse 40.000 euros nunha segunda fase, donde se renovarán ventanales e farase unha reforma completa de duchas e baños. Con esta actuación, preténdese poñer en valor e seguir mellorando as instalacións deportivas do Concello.

O alcalde palense, Pablo Taboada explica que “mentres duren as obras nesta instalación, aproximadamente catro meses, os usuarios que así o desexen, poderán utilizar o outro Pavillón Polideportivo que dispón o Concello na zona do Colexio Público”.