Mércores. 08.05.2024

O Concello de Vimianzo finalizou os traballos de ampliación do taboleiro da ponte de Señoráns, na parroquia de Salto, cuxo obxectivo é ampliar o ancho da infraestrutura sobre o rego de Gundar e a reconstrución das barandas, debido ao seu mal estado, e reducir así o risco na circulación tanto de peóns como de vehículos.

Así, ampliarase nun metro, a razón de 50 centímetros por cada marxe e deixando intacta a ponte con formigón para que resulte estable. Adaptarase a pista de zahorra que o acomete en ambos lados elevándoa en 35 centímetros, o que se fixo de feito gradual e sin variar apenas a pendente. A baranda está finalizada en aceiro galvanizado, diáfana e permeable.

Perfiláronse tamén previamente as cunetas de sección triangular, en terra, con medios mecánicos e tamén un terraplén con material seleccionado. O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, destaca a “relevancia desta actuación, que mellora as conexións pero sobre todo, incrementa a seguridade viaria, que era o noso obxectivo”, destaca o edil.