Xoves. 09.05.2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde da Laracha, José Manuel López, para abordar os proxectos da Xunta no Concello. No encontro analizouse a proposta do alcalde para levar a cabo a ampliación do patio e do aparcamento do CEIP Otero Pedrayo para prestar un mellor servizo a este centro. O delegado comprometeuse a analizar a proposta.

Trenor destacou o “excelente funcionamento deste centro educativo” que conta con 603 alumnos e conta con numerosos programas educativos como o Plan Proxecta, o Plan director da Garda Civil, colabora con CIM do Concello e conta coas liñas de Emocións, Patios, Creación Actividades de Contornas Virtuais e Biblioteca.