Mércores. 08.05.2024

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Laracha, José Manuel López, supervisaron o resultado das obras de reforzo de firme na estrada da provincia da Coruña AC-552 , que une os núcleos de Paiosaco e A Laracha e que supuxo un investimento de 83.000 euros.

Os traballos desenvolvéronse na travesía de Paiosaco co fresado e reposición de firme en 1,8 km dunha lonxitude total do tramo de 3 km. Ademais, a actuación contemplou a reposición de sinalización e o pintado, que se levará a cabo a semana que vén. Esta actuación favorece a circulación en condicións adecuadas de seguridade e fluidez e evita o proceso de degradación das características funcionais ou estruturais dos elementos desta estrada AC-552.

 Trenor explicou que esta intervención se inclúe no contrato de obras de conservación e mantemento das estrada de titularidade da Xunta, onde se afronta a conservación común e rehabilitación de firmes da rede autonómica.

A Xunta inviste no reforzo do firme da AC-552 que une Paiosaco co núcleo urbano