Xoves. 09.05.2024

O Concello de Camariñas resultou adxudicatario dun vehículo todoterreo tipo pick-up para uso de Protección Civil, un vehículo concedido pola Xunta de Galicia a través dunha convocatoria de equipamentos de emerxencias cofinanciada polo Fodo Europeo de Desenvolvemento Rexioinal (FEDER).

Este todoterreo, que será destinado a misións de emerxencias e de Protección Civil, permitirá complementar as funcións da actual pick-up contraincendios e así aumentar a flota da que pode dispoñer a agrupación local.