Mércores. 08.05.2024

O Concello de Cabana rematou os traballos nun importante proxecto infraestrutural que posibilita unha gran mellora na rede de tratamento de augas residuais do municipio.

O alcalde, José Muíño, comprobou os resultados finais nas actuacións executadas na estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Lodeiro. Púxose en marcha o tratamento de residuos mediante raios UV e incorporáronse novos sensores, sondas, controladores e transmisores co obxectivo de modernizar e incrementar a eficiencia enerxética das instalacións. O investimento neste proxecto rolda os 50.000 euros.

O rexedor cabanés aproveitou a conclusión dos traballos para destacar “a importante mellora acadada con esta renovación, que non só asegura o correcto funcionamento dun servizo esencial como é o abastecemento e o tratamento da auga, senón que permite lograr un maior aforro enerxético e económico para as arcas municipais”.

Cabana estrea melloras na estación de tratamento de augas residuais do Lodeiro