Luns. 20.05.2024

O alcalde de Toques, José Ángel Penas, recibiu á deputada de Plans provinciais e Asistencia a municipios, Cristina García Rey, e o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Penas, para abordar os investimentos do Plan Único no municipio.

En total, a Deputación prevé investir 612.036,42 euros ao longo deste ano 2024 no Concello de Toques. Dita cantidade inclúe o importe da fase inicial, que ascende a 359.094,98 euros, e o das fases adicionais que se prevé executar neste exercicio, cun importe de 302.716,98 euros.

Durante a visita, os deputados aproveitaron para visitar as obras do camiño de Montelen a Prados, financiadas co Plan Único. “Esta ferramenta de financiamento das obras e servizos dos concellos da provincia permítelles aos gobernos municipais xestionar os recursos públicos con autonomía, en función das súas prioridades”, apuntou García Rey.