Sábado. 20.07.2024

A contorna da Fábrica Azucreira do concello de Portas será de novo o escenario dunha nova edición, a décimo segunda xa, do Festival PortAmérica, a cita cultural do noroeste peninsular que fusiona a música e a gastronomía dos dous lados do Atlántico, e que se desenvolverá dende as 17.30 horas do xoves 4 ata o peche o sábado 6 de xullo de madrugada. 

Rock, pop, indi, sons latinos ou electrónica do panorama galego, nacional e internacional coma Vetusta Morla, Aitana, Ilegales, Rodrigo Cuevas, Arde Bogotá, Juanes, León Benavente, Toquinho ou Galician Army, ata  conformar un cartel con case 30 artistas e formacións de todos os estilos e para todos os gustos, poñerán a música nun festival no que a gastronomía tamén é a outra gran protagonista. (Horarios e cartel).

Os galegos Galician Army, que repiten este ano, durante a pasada edición do festival
Os galegos Galician Army, que repiten este ano, durante a pasada edición do festival

Máis dunha trintena de chefs, algúns reposteiros, de renome internacional ofrecerán aos asistentes, no que é o ShowRocking, as súas tapas e petiscos creados para a ocasión e que son a maridaxe perfecta para gozar de longas horas de concertos.

Comisariado por Pepe Solla, o ShowRocking levará a enerxía aos festivaleiros a través das elaboracións de cociñeiros como Antonio Arrabal de La Jamada en Burgos; Javi Olleros do Culler de Pau do Grove, Diego Guerrero do Dstage de Madrid; Maca de Castro do restaurante que leva o seu nome en Alcudia; Ana García e Guille Moscoso de Pan da Moa ou Rocío Parra do En la Parra de Salamanca, entre moitos outros. Ademáis, no mesmo espazo do ShowRocking desenvolveranse concertos sorpresa.

O ShowRock, coas elaboracións de chefs de renome, é o outro espazo protagonista do festival
O ShowRock, coas elaboracións de chefs de renome, é o outro espazo protagonista do festival

Pero ademáis, PortAmérica aposta pola sustentabilidade, natural e social, e pola conservación e mantemento do entorno no que se desenvolve o festival, por iso na planificación e execución do mesmo, a organización pon en valor os recursos sociais, económicos e ambietais dispoñibles, sen comprometer os recursos para as xeracións futuras, dinamizando ao mesmo tempo o entorno económico local, e promovendo a integración social e a accesibilidade universal. Xa na pasada edición, PortAmérica implementou diferentes iniciativas inclusivas e solidarias.