Venres. 14.06.2024

Por que a Xunta ampliou a rede de atención temperá?

Porque sabemos da importancia deste servizo. Así no lo din os profesionais e tamén as familias. O desenvolvemento infantil consiste en adquirir funcións, destrezas e habilidades que lles van permitir acadar unha maior autonomía persoal e interactuar coa súa contorna. O que queremos é que se hai un problema durante o crecemento dun neno os seus pais conten cun servizo de calidade ao carón das súas casas para atendelo sen ter que desprazarse lonxe. Deste xeito, dotamos de servizos os concellos menos poboados e fomentamos a igualdade de oportunidades con respecto ás familias que viven nas cidades.

"O que queremos é que se hai un problema durante o crecemento dun neno
os seus pais conten cun servizo de calidade ao carón"

 En que axuda ás familias?

 Cando unha nai ou un pai comeza a intuír que o seu fillo vai precisar dun apoio especial son momentos de incerteza e preocupación que os profesionais de atención temperá transforman en solucións e esperanza. Porque na atención temperá non só se acompaña aos nenos, senón tamén, en gran medidas, aos pais para disipar as súas dúbidas canto antes. Grazas ao compromiso, a pedagoxía e a formación dos profesionais destas unidades sabemos que cun diagnóstico temperá podemos previr situacións na vida adulta ou que detrás dun rendemento escolar baixo se agochan necesidades que teñen solución. Polo tanto, a atención temperá é importante para as familias porque lles achega respostas e métodos axeitados, e de forma gratuíta.

"Xa estamos preto das 50 e atendemos a máis de 200 municipios, cando hai 14
anos só había dúas unidades atendendo a unhas 15 localidades"

Como se avanzou tanto neste eido en Galicia?

Porque o Goberno galego encontrouse cunha sociedade implicada. Temos ao noso carón entidades como a Asociación Galega de Atención Temperá, que deu os primeiros pasos na nosa Comunidade; tamén aos Concellos galegos, que desde a posta en marcha das axudas foron solicitándoas e apostando por elas; e temos ás familias confiando no traballo de grandes profesionais para mellorar a calidade de vida dos seus fillos.

 Cales serán os seguintes pasos a dar?

 Son varios os pasos que seguiremos dando. Primeiro, continuar ampliando as unidades. Xa estamos preto das 50 e atendemos a máis de 200 municipios, cando hai 14 anos só había dúas unidades atendendo a unhas 15 localidades. E segundo, seguir achegándolle ás familias a importancia da atención temperá para os seus fillos. De xeito gratuíto e preto das súas casas contan cun servizo que lles axudará no presente e tamén no futuro dos seus pequenos.