Mércores. 08.05.2024

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada recibiu ao presidente da Confederación de Empresarios de Lugo, Eduardo Valín e o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Jaime Luis López Vázquez interesados polos estratéxicos e innovadores proxectos empresariais en Palas de Rei. 

Xuntos, comprobaron os terreos nos que se está en proceso de construción das primeiras naves da Planta de Bioflytech e nas que prevé a colleita e cría de larva de mosca para convertela en fariña e graxa dirixida á alimentación animal, o que supón, unha inversión superior aos 20 millóns de euros e a xeración de máis de 50 postos de traballo directo. 

Os directivos da Patronal dos Empresarios e da Cámara de Comercio na súa visita a Palas, coincidían en valorar “moi positivamente que Bioflytech optase pola provincia lucense e máis concretamente por Palas de Rei, de quen destacaron o potencial deste Concello a hora de atraer inversións”.

Tamén, aproveitaron a súa estadía en Palas de Rei, para coñecer in situ a parcela de ubicación de Altri neste municipio e na que prevé desenrolar o proxecto de produción de fibras vexetais.

Xuntanza de traballo da Confederación de Empresarios e a Cámara de Comercio co alcalde...