Luns. 29.04.2024

A residencia de maiores de Palas de Rei cumple tres anos de vida coas prazas cubertas e con lista de espera.

Este complexo residencial, único na Comarca da Ulloa, declarado por parte do Concello “Proxecto de Especial Interese”, supuxo unha inversión de 1.250.000 euros de iniciativa privada local que na actualidade está xerando unha vintena de postos de traballo directos en pleno núcleo urbano palense, na Avenida de Lugo.

Con motivo deste terceiro aniversario, o alcalde de Palas, Pablo Taboada acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante achegáronse ata estas instalacións, onde aproveitaron para conversar e intercambiar impresións cos usuarios e usuarias e profesionais, así como cos promotores locais, Belén García e Marcos Vázquez e a súa directora, Mónica Pardo.

A directora, Mónica Pardo, destacou que “as 46 prazas totais das que dispón, das cales 20 son en réxime público e 26 privadas, están cubertas e a maiores hai unha ampla lista de espera. Hoxe contamos con 15 persoas de Palas de Rei e da Ulloa son 20 persoas internas no Centro Residencial a maiores tamén hai doutros lugares de Galicia como Ferrol, etc. En canto ó perfil das idades do usuarios e moi disperso vai dende o máis novo de 65 anos ata a máis maior que está a piques de cumprir 102 anos”.