Domingo. 03.03.2024

Son obras de mellora e ensanche que está acometendo a Deputación de Lugo no tramo que vai do punto quilométrico 10,7 ao 12,5 da estrada LU-P-1301, de Pedrafita do Cebreiro a Seoane do Courel, obrigan ao corte da estrada a partir de mañá, 2 de febreiro.

Este corte é basico para acometer os traballos de adaptación da rasante nun tramo de curvas, a instalación dun tubo para executar a drenaxe transversal e, posteriormente, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o estendido de aglomerado.

Nun inicio o tráfico restablecese o día 18, aínda que se fará antes se terminan os traballos.

Inviste a  Deputación  245.000€ na súa mellora, este tramo colle os quilómetros 10,7 ao 12,5; ten adxudicada outra fase, do quilómetro 8,6 ó 10,7, neste caso por un importe de case 300.000€; e está redactando o proxecto para a terceira fase. Desta forma, ao finalizar este mandato, esta vía quedará completamente renovada.