Martes. 07.05.2024

Residentes e traballadores do Centro de Atención a Maiores (CAM) da Fonsagrada celebraron o segundo aniversario desta residencia da Deputación de Lugo. Entre as diferentes actividades organizadas, as persoas usuarias desta dotación social participaron nunha obra teatral escrita pola terapeuta ocupacional do centro, na que representan como organizan unha comida ás agachadas co butelo como principal protagonista.

 Todo o persoal do centro quedou implicado na preparación da obra A Feira do Butelo, axudando de diferentes maneiras na súa montaxe. Os decorados foron realizados cos mellores produtos gastronómicos da comarca: butelo, queixos, mel, cachola ou chourizos; e a música da obra pertence ao músico fonsagradino César Fernández, actualmente usuario do centro.

O Centro de Atención de Maiores de Fonsagrada celebra o seu segundo aniversario con teatro