Sábado. 27.07.2024

Mái de 10.200 fogares e empresas do Concello de Cee xa dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH), cos servizos máis avanzados de telecomunicacións e a tecnoloxía máis rápida do mercado. Recentemente, máis de 2.300 inmobles dos núcleos de Barbadelo, Calvor, Castelo dos Infantes, Chanca, Corvelle, Fafián, Ferreiros, Goián Louseiro, Oural, Pinza, San Antolín, San Sadurniño de Froián, San Salvador do Mato, San Xulián da Veiga, Sarria e Seteventos incorporaron dita tecnoloxía grazas ao acordo do operador R co grosista de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Así, a poboación destas zonas dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos, unha cobertura óptima nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.

Dito acordo de R con Rede Aberta forma parte do proxecto para levar a alta velocidade a 450.000 inmobles nos núcleos rurais duns 170 municipios do territorio galego. Así, ambas empresas contribúen a reducir a fenda dixital, facilitando o teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming ou gaming no rural.

O foguete Mambo Axiña
O foguete Mambo Axiña

Non obstante, nas zonas do municipio de Sarria nas que, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chegue a fibra óptica, as aldeas poden beneficiarse do Internet rural de R con 5G, con alta velocidade de ata 150 megas e wifi 6.

Finalmente, a empresa operadora lembra que a tecnoloxía ADSL ofrece menos ancho de banda, sofre máis avarías coas adversidades meteorolóxicas e xa está obsoleta, polo que a fibra óptica FTTH e o Internet rural son alternativas idóneas, sobre todo para as aldeas.