Sábado. 20.07.2024

Máis de 350 representantes de empresas, denominacións de orixe, cooperativas agrarias, entidades e institucións do sector agroalimentario reuníronse na décima edición do encontro bienal da industria alimentaria, organizado por Vegalsa-Eroski. Neste evento, a compañía galega de distribución presentou os seus resultados para o exercicio de 2023 e o seu plan estratéxico para os próximos tres anos, baseado na xeración de resultados empresariais a través da creación de riqueza na contorna, a satisfacción plena dos consumidores e o fomento dunha alimentación saudable.

asistentes o acto
asistentes o acto

SOSTIBILIDADE, SOBERANÍA ALIMENTARIA E COOPERACIÓN

O director de compras, Jorge Eiroa, salientou a importancia da sostibilidade e innovación como piares para os vindeiros anos. Así, fixo fincapé no programa pioneiro de provedores lanzado recentemente pola compañía, no que xa participaron 127 provedores e superou a base de diagnóstico e iniciativas de mellora. O obxectivo do mesmo é contribuír á mellora das prácticas medioambientais, sociais e de goberno corporativo. 

Durante o evento e baixo o lema “Benvidos ao futuro”, poñentes e directivos da compañía realizaron un repaso polos valores de sostibilidade, soberanía alimentaria e cooperación, con oradores como Tomás Pascual Gómez-Cuétara, presidente de Calidade Pascual, ou Juan Verde, membro do consello asesor do actual presidente de EE.UU. e exasesor do presidente Obama, ademais de presidente de Advanced Leadership Foundation.

Ademais, tamén participaron no encontro representantes das empresas Deleite, Estrella Galicia, Cafés Candelas ou Pescamar. Po outro lado o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña,  Antonio Fontenla; o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a conselleira de Medio Rural da Xunta, María José Gómez; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey ou a gerente de Galicia Calidade Ana Méndez

Pola súa banda, a CEO de Grupo Eroski, Rosa Carabel, afondou no plan estratéxico para os vindeiros anos, salientando unha folla de ruta marcada “pola busca dun futuro próspero e sostible, coa calidade, o aforro para as familias e a experiencia de compra personalizada como piares, todo fundamentado no compromiso coa saúde, benestar das persoas e creación de riqueza”.

 

O director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño, definiu a situación actual da compañía, salientando o papel colaborativo da rede de produtores locais. Neste sentido, reafirmou o compromiso coa produción de proximidade e a necesidade de traballar conxuntamente para “atender as demandas dos consumidores no menor tempo posible, nun contexto socioeconómico cada vez máis desafiante”. 

Segundo os resultados do pasado exercicio,  Vegalsa-Eroski incrementou case un 19% o seu investimento en compras a provedores locais, ata alcanzar os 539 millóns de euros, representando un 40% do total. Desta cifra, o 83% corresponde a compras a provedores galegos, o que supón 449 millóns de euros. Ademais, do total de 924 provedores e pequenos produtores locais cos que colaborou a distribuidora no 2023, 738 son galegos, 63 asturianos e 123 casteláns e leoneses. É dicir, 1 de cada 2 provedores cos que colabora Vegalsa-Eroski é de ámbito local. 

Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade acudiu o acto
Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade acudiu o acto