Sábado. 27.07.2024

O concello coruñés de Rianxo xa dispón de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) en aproximadamente 6.500 fogares e empresas que poden gozar dende este momento dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado. 
A cifra de inmobles conectados á rede de R incrementouse recentemente en Rianxo—e en máis dun cento de municipios do territorio— grazas ao acordo do operador co grosista tamén galego de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Froito desta alianza uns 1.200 inmobles dos núcleos de Rianxo, Isorna, Leiro e Taragoña sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 1 xiga simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares —ao chegar a fibra ata as súas vivendas— e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Todo iso unido aos servizos de wifi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional. Falamos da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. 
Un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e ata oito veces máis capacidade de subida. O acordo de R con ‘Rede Aberta’ permitirá cubrir aproximadamente 70.000 novos inmobles que se conectan agora á infraestrutura do operador galego e levar a alta velocidade coa fibra máis rápida a recunchos de Galicia en núcleos rurais dun cento longo de municipios do territorio. A intención é ampliar ao máximo a cobertura de banda larga en todos os recantos da comunidade galega. 
R e ‘Rede Aberta’ alíñanse na súa arela de lle proporcionar ao rural de Galicia os medios tecnolóxicos para integrarse no mundo dixital e lograr que a conectividade chegue a zonas impensables ata hoxe. Grazas a iso, aldeas do rural gozarán dos servizos de R tal e como o fan as capitais de provincia do territorio: máis un paso na redución da fenda dixital entre os dous ámbitos. 

INTERNET RURAL EN RIANXO 
Nas zonas de Rianxo onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de ‘internet rural’ de R con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 600 megas con 5G e wifi 6.
A tecnoloxía 5G de ‘internet rural’ de R apóiase, por unha banda, nun router que permite conseguir esas velocidades e, por outra, no sistema wifi 6 para facilitar, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente conectando á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra (latencia = tempo que tarda en cargar unha páxina, en enviarse un correo electrónico ou en executarse unha acción nun videoxogo online).