Luns. 20.05.2024

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada asistiu a FITUR (Feiran Internacional do Turismo), onde deu a coñecer os principais atractivos turísticos do municipio, dando a coñecer a vila palense no resto do
mundo e destacando o Camiño de Santiago, declarado Patrimonio da humanidade pola Unesco, coas súas variantes Francesa e Primitiva que atravesan o municipio; destacando unha das maiores xoias da arte románica que salpica a provincia e un dos grandes bens patrimoniais cos que conta o Concello de Palas de Rei, como é a igrexa de Vilar de Donas, que este ano celebra 800 anos como referente do románico e potenciando a fortaleza medieval de Pambre que rexistrou en 2023 un total de 8.260 visitantes e que conta cunha das salas expositivas máis activas e vivas da provincia.