Luns. 20.05.2024

Dende o pasado 17 de xaneiro, e ata o vindeiro 15 de febreiro pódese visitar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo as obras gañadoras e participantes na XVII edición do Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña. Esta mostra forma parte do programa municipal Actos Castelao e que se vén desenvolvendo durante o mes de xaneiro.

Así, o pasado día 19 tivo lugar o relatorio Castelao artista gráfico, que impartiron Xoán Pastor, director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Doxotal de Ribeira, por Juan Bustelo, alcalde de Rianxo e por Noelia Gómez e Rui Grenha.

O venres 26 de xaneiro tivo lugar a presentación do libro O secreto da filosofía de José Carou Rey, con coloquio e unha intervención artística. E, o sábado 27 de xaneiro, foi a quenda da Ofrenda Floral coa intervención das autoridades, amenizada polo acompañamento musical de Río de Anxo.