Venres. 24.05.2024

O 7 de febreiro é o día dos Medios en Galego. Este ano celébrase a edición once deste evento que se celebra cada ano este día pola coincidencia coa saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.

Nesta nova edición, Asociación de Medios en Galego presentou un programa composto por varias actividades e celebracións relacionadas coa nosa lingua. En primeiro lugar a asociación organizou ao longo do mes de febreiro un conxunto de roteiros xornalísticos por varias vilas do país. Neles visitaranse lugares emblemáticos relacionados coa historia e a actualidade dos medios en galego, acompañados  por expertos na temática e amenizado por bandas musicais.

Ademais tamén se presentou unha guía didáctica para que o profesorado galego poida incluír contidos relacionados co pasado e o presente dos medios en galego, que leva por título “Coñecendo os medios en galego”. Co que se quere conmemorar o 175º aniversario de Valentín Lamas Carvajal.

CONCERTOS

Tamén haberá concertos para conmemorar o día dos Medios en Galego. Nesta ocasión as protagonistas serán Fillas de Cassandra e De Ninghures, e os concertos celebraranse o vindeiro xoves 22 de febreiro na Sala Inn Club da Coruña a partir das 21h.