Sábado. 27.07.2024

A Estación de Tratamento de Auga Potable do Castro, no Concello de Cariño, xa completou a rehabilitación dunha das súas liñas coa reparación dos seus filtros, que estaban moi desgastados. Agora os traballos comezan no segundo circuíto, que suporá menos traballo xa que non require o traslado dos filtros. Segundo as previsións, a obra estará entregada en xuño.

O pasado mes de marzo detectouse trihalometanos na toma da gasolineira, polo que os técnicos municipais recomendaron o purgado do circuíto. Grazas a esta intervención, logrouse unha notable mellora na calidade da auga e “agora que se pon en marcha o primeiro dos circuítos, esperamos que as restricións sexan moito menos recorrentes”, anotou a alcaldesa de Cariño, Ana María López.

Finalmente, a rexedora agradeceu o financiamento “practicamente na súa totalidade” de Augas de Galicia nunha “actuación fundamental” para garantir a calidade da auga no municipio. Neste sentido, a achega autonómica permitiu aforrar ás arcas municipais 96.000 euros