Venres. 03.05.2024

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reafirmou o seu compromiso con rescatar da UCI á sanidade pública galega que se atopa, afirmou, “en estado crítico” como consecuencia de quince anos de xestión do Partido Popular. “Unha xestión que destaca polo recorte, a precarización e a privatización e que levou, particularmente, á Atención Primaria a unha situación límite”, subliñou.

“En Galicia lembramos cando chamabas ao médico de cabeceira e ao día seguinte xa nos atendía. Hoxe, con Rueda, o presidente ausente, e coa herdanza de Feijóo, a cita pode demorarse ata ata 15 días” afirmou Besteiro que asegurou que “o compromiso dos socialista é claro. Primeiro, cita médica no centro de Atención Primaria en menos de 48 horas, apertura dos centros de saúde; especialistas en Saúde Mental, máis pediatras para nenos e nenas e condicións laborais dignas para os profesionais sanitarios. Quen mellor que os socialistas para xestionar a Sanidade Pública, que fomos quen a creamos, a Sanidade pública e universal. A nosa confianza na Sanidade Pública é total”, ratificou.