Domingo. 03.03.2024

O candidato á Xunta por Espazo Común Galeguista, Pachi Vázquez, sinalou que na provincia de Ourense cada ano”temos 3.500 habitante menos, ao producirse mais defuncións que nacementos”.

“Precisamos oportunidades para a xente moza emprego xuvenil, crear vivendas, plans de conciliación para que a xente nova poida ter oportunidades para desenvolver a súa vida”, afirmou Vázquez.

Indicou que “non queremos esmolas para seguir facendo cada vez mais xeriátricos, queremos oportunidades para ter chan industrial, crear emprego de calidade, e que os mozos e mozas podan ter oportunidades de vivir con dignidade na súa terra”.