Sábado. 04.05.2024

O Concello de Cervo comezou as obras que van dotar dun sistema público de abastecemento de auga ao burgo de Trasbar, na parroquia de Castelo.

 O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, xunto coa pedánea da zona, Marina Díaz, supervisaron as obras que se están levando a cabo na zona.

 O proxecto, que consta de tres fases, ten por obxecto a dotación do subministro de auga potable ao núcleo de Trasbar, mediante a conexión coa rede xeral de auga existente. Nunha primeira fase, completouse a o tramo que vai desde A Senra ata a igrexa de Castelo; nesta segunda fase executarase a canalización do tramo que vai desde as inmediacións da igrexa ata a mesma entrada do burgo, cunha lonxitude de 2.300 metros; e a continuación levarase a cabo a terceira fase, e definitiva, que será a de distribución de auga.

 Este proxecto segue a liña argumental do equipo de goberno de levar o abastecemento de auga e saneamento a todos os puntos da xeografía municipal, tentando equilibrar a balanza de condicións das zonas rurais coas urbanas. O orzamento da actuación ascende a un total de 133.020 euros.