Sábado. 04.05.2024

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, dispón dunha partida de 12.000 euros para as axudas ao transporte escolar daqueles alumnos que cursan estudios fóra do termo municipal; sempre que se trate de formación ou titulacións que non se impartan en ningún centro do termo municipal.

Tal e como sinalou o rexedor, Alfonso Villares, trátase dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais co obxectivo de “equilibrar a balanza socioeconómica e apoiar ás familias na educación dos seus fillos, ademais de contribuír a que exista igualdade de oportunidades. Con estas axudas tratamos de cooperar na formación e os estudos da nosa veciñanza, ao igual que facemos con outras subvencións tamén municipais, como é o caso das axudas ao material escolar e libros, ás ANPAS ou aos colexios”.

Os beneficiarios destas axudas deberán ser menores de 30 anos e, en función da renda familiar, poderán percibir unha contía de 150 ou 250 euros.