Sábado. 20.07.2024

Entidades sen ánimo de lucro, clubes, ANPAS e federacións da provincia da Coruña xa poden acceder ás tres liñas de axudas, de máis de 3.000.000€, postas en marcha co obxectivo de promover a actividade física no tempo de lecer dos concellos, apoiar as competicións e clubes locais, favorecer a contratación de técnicos, adquisición de material deportivo, así como a organización de eventos federados e non federados, apoiar aos deportistas e clubes da provincia nas competicións nacionais e internacionais e a organización de grandes eventos deportivos.

 

Estas axudas, para as cales xa está aberto o prazo de solicitudes telemáticas (https://sede.dacoruna.gal/subtel/acceso/login), desglosaríanse do seguinte xeito: 1.015.000€ para a contratación de 70 técnicos deportivos; 450.000€ para promover a actividade física e o deporte base; 700.000€ para apoiar aos deportistas da provincia en competicións na Comunidade Autónoma; 1.000.000€ para impulsar aos deportista coruñeses en competicións nacionais e internacionais; 400.000€ para a organización de grandes eventos deportivos e 500.000€ adicados ao matemento e mellora das infraestructuras como para a adquisición de equipamento deportivo.

 

O prazo para a solicitude das axudas determinarase no anuncio do extracto de cada convocatoria que se publicará na Base de Datos Nacional de Subvencións. E as bases das mesmas poden consultarse en: https://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=26/01/2022.

 

 

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DISCIPLINAS OLÍMPICAS

Ademáis, os deportistas da provincia que practiquen algunha disciplina deportiva olímpica incluida no programa dos vindeiros Xogos, poderán optar ás bolsas de 3.500€ convocadas esta semana polo organismo provincial. As bolsas divídense en tres categorías, en función da idade das persoas solicitantes: Grupo A: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17 anos; Grupo B: 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos; e Grupo C: 15 bolsas para deportistas de 24 a 30 anos. As bases se poden consultar no Boletín oficial da provincia.