Sábado. 27.07.2024

O deporte de Ribeira no puido pechar e empezar de mellor xeito o ano colleitando importantes éxitos en patinaxe, boxeo, culturismo ou taekwondo.

Así, o Concello realizou unha serie de  recepcións, que comezaron o 26 de decembro, cos taekwondistas Irene Montemuiño, Lois Tomás e Noa Romero, deportistas do Natural Sport. Montemuíño acadou o bronce no Europeo Sub21; Tomás o ouro no Nacional Sub21 e a prata no Absoluto, e Romero, en idade júnior, conseguiu a medalla de bronce no Europeo Sub21. 

O 3 de xaneiro foi a quenda da boxeadora Clara Millares, do club El Canario, que logrou o bronce no Nacional Elite, bronce no de Clubs e o título de campioa galega. Os sucampions de Europa de patinaxe, Marta e Adrián Blanco, recibiron os parabéns do Concello o día 11 de xaneiro. O día 17 de xaneiro foi a quenda do campión da Copa Galicia de culturismo José Enrique Vázquez; e o 19, a do boxeador ribeirense Juán Luis Fernández que se proclamou campión de España.

O Concello destina máis de 224.000 euros a convenios cunhas 30 entidades deportivas