Sábado. 20.04.2024

O Auditorio Municipal do Concello de Vilalba acolle este domingo, dende as 18:00 horas, unha nova edición do programa FalaRedes de dinamización lingüística.

A peza “Castelao. Daniel no peirao” será a encargada de inaugurar o ano 2023 en Vilalba desta iniciativa que busca fomentar o consumo de produtos culturais en galego, achegar o coñecemento das figuras máis relevantes da cultura de Galicia e proporcionar unha experiencia positiva ligada á nosa lingua.

A obra de teatro de Culturactiva Producións está dirixida ao público de 6 a 10 anos e as súas familias.

A montaxe xira arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, co argumento dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina xunto a súa nai.

O elenco, a música e o deseño de iluminación combínanse creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo, non que non falta o humor e a intriga.

A entrada é libre ata completar aforo.