Venres. 22.09.2023

P O Cantel acolleu na Semana do Libro unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene para o Banco de Alimentos de Foz e de penso e comida para a Protectora de Animais focega. Dende a biblioteca solidaria do centro desenvolveuse o proxecto Cultura por Solidariedade, levado a cabo pola rapazada do voluntariado da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria, coordinados pola docente Cristina Cao.

A directora do centro, Adela Seijo, agradece a toda a comunidade educativa a grandísima colaboración e a boa acollida desta iniciativa.

Desde o Concello, o alcalde, Fran Cajoto, destaca a “gran iniciativa do centro, altruísta e solidaria, que ensina a pícaras e pícaros valores que están por riba dos libros de texto. Grazas ás achegas das familias vanse ver beneficiados os usuarios do Banco de Alimentos Municipal”.