Mái de 5.500 fogares e empresas do Concello de Cee xa dispoñen de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH), cos servizos máis avanzados de telecomunicacións e a tecnoloxía máis rápida do mercado. Recentemente, máis de 2.000 inmobles dos núcleos de Cee, Lamas-Igrexa, Codesos e Morancelle incorporaron dita tecnoloxía grazas ao acordo do operador R co grosista de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Así, a poboación destas zonas dispón de accesos ultrarrápidos a internet de ata 10 xigas simétricos, unha cobertura óptima nos fogares e unha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez.
Dito acordo de R con Rede Aberta forma parte do proxecto para levar a alta velocidade a 450.000 inmobles nos núcleos rurais duns 170 municipios do territorio galego. Así, ambas empresas contribúen a reducir a fenda dixital, facilitando o teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming ou gaming no rural.
Non obstante, nas zonas do municipio de Cee nas que, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chegue a fibra óptica, as aldeas poden beneficiarse do Internet rural de R con 5G, con alta velocidade de ata 150 megas e wifi 6.
Finalmente, a empresa operadora lembra que a tecnoloxía ADSL ofrece menos ancho de banda, sofre máis avarías coas adversidades meteorolóxicas e xa está obsoleta, polo que a fibra óptica FTTH e o Internet rural son alternativas idóneas, sobre todo para as aldeas.