A Ulloa clave nas municipais galegas

Pablo Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei

A Ulloa é unha zona na que os partidos se xogan moito o vindeiro 28 de maio. Nesta enquisa especial de Crónicas da Comarca, están datos que serán revisados como cada ano electoral nos concellos enquisados e no pazo de San Marcos ou na rúa Ramón Cabanillas. José Tomé e Elena Candia seguro que a van analizar.

Elena Candia con Miguel Tellado
José Tomé

Seguro que tamén lle botarán un vistazo na avenida Fernando de Casa Novoa e na rúa do Pino. Son datos que convén ver con lupa para preparar as campañas electorais que marcarán os resultados das próximas eleccións,.

José Manuel Lage Tuñas
Paula Prado

En resumo, a enquisa de Crónicas da Comarca amosa unha suba do Partido Popular impulsado polas actuacións do Concello co seu rexedor á cabeza, Pablo Taboada. Entre os proxectos que auspician a vitoria popular en Palas atópase a nova estación da ITV, a ampliación do polígono ou o efecto Altri.

Pablo Taboada

De consolidarse os bos resultados para Taboada en Palas de Rei, os votos populares podería traer cambios para o partido xudicial de Chantada: son datos que haberá que analizar despois do 28M.

Pilar Porto

 

Os movementos no partido xudicial serán claves para configurar a representación política na futura Deputación de Lugo. Os socialistas renovan nun momento delicado os seus candidatos en Chantada, Carballedo e Palas de Rei. Tres concellos que nas primarias de 2021 apoiaron ao secretario xeral do PSdG-PSOE Gonzalo Caballero, casualidades da vida ou non, non repiten como candidatos á Alcaldía nas vindeiras eleccións.