Venres. 29.03.2024

O pasado domingo 19 de marzo comezou oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais, e na meirande parte dos ríos galegos, nunha Comunidade que conta con máis de 36.000 afeccionados, dos cales 12.120 beneficiáronse este ano da exención do pago das taxas en concepto de licenza, grazas a unha medida que vén aplicando a Xunta de Galicia a determinados colectivos desde o ano 2021.

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou un tramo do río Avia ao seu paso por Leiro, con motivo da primeira xornada hábil para a pesca da troita. Vázquez destacou o feito de que decenas de miles de afeccionados benefíciense da exención do pago das taxas das licenzas nesta campaña, grazas a nova medida aplicada polo departamento que dirixe hai tres anos, e que eximen aos menores de idades e aos maiores de 60 anos de abonar as mesmas.

A Conselleira lembrou que esta iniciativa foi unha das novidades da Lei de pesca continental, aprobada pola Xunta o pasado 2021 que ten como un dos seus principais obxectivos a remuda xeneracional dun sector no que a idade media sitúase entre os 50 e os 70 anos, e que ten unha grande tradición na Comunidade e máis de 14.000 quilómetros de ríos habilitados para a práctica da pesca.

Vázquez incidiu no feito de que, nesta campaña, un de cada tres afeccionados beneficiáronse desta medida, un balance que supera con creces os datos do ano anterior, no que se contabilizaron 5.686 exencións. Do mexmo xeito que na pasada campaña -aclarou a conselleira- neste 2023 consideráranse como días inhábiles todos os luns, agás festivos nacionais e autonómicos. Os xoves só serán hábioles para a pesca sen morte en todas as masas de auga da Comunidade, excepto festivos nacionais ou autonómicos, que serán hábiles segundo a modalidade de pesca autorizada en cada zona. Ánxeles Vázquez precisou que o período hábil da campaña para as especies ictícolas en toda Galicia finaliza o vindeiro 31 xullo, segundo recolle a orde reguladora. No caso da troita na modalidade de pesca sen morte, e nos cotos con convenio de colaboración, o prazo amplíase ata o 30 de setembro, e nas ugas salmoneiras, nas de reo ou nas de montaña o inicio do período hábil é o primeiro de maio.

O cupo de capturas, como norma xeral, é de 6 exemplares de troita ao día e por persoa, cunha talla mínima de 19 centímetros, e os engados a empregar serán os mesmos que os da tempada pasada. No caso da pesca do salmón, o período hábil iníciase o primeiro de maio e remata o 31 de xullo, máis o peche podería adiantarse en función das capturas. No río Eo e nos coutos do Ulla, remata o 30 de xuño. Neste caso o cupo de capturas é dun exemplar por persoa e día, cunha dimensión mínima de 40 centímetros. A ratio anual no río Ulla é de 30 exemplares, no Madeo, 5; no río Masma, 15; no Miño 8, e no couto de Salmeán pódense capturar ata 10 salmóns.

A campaña de pesca de reo comeza o primeiro de maio e rematará o 31 de xullo, máis prorrogarase nos coutos de Betanzos, Noia, Noval, Ombre, Padrón, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Traba, Xuvia e Lambre ata o 30 de setembro; e nos de Ponte Arnelas, Pontevea, Santeles, Sinde e Ximonde, ata o 31 de agosto.


 

Arrinca a tempada de pesca con máis de 12.000 afeccionados exentos de pagar as taxas