O prazo de entrega dos orixinais remata o 30 de novembro

Convocado o V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

Os representantes das institucións organizadoras do certame na presentación

O Concello da Pobra, Editorial Galaxia e Asociaión Cultural Barbantia convocan a quinta edición do Premio Carlos Mosteiro de literatura infantil, dotado con 3.000 euros, e que é unha homenaxe ao escritor xa falecido, unha forma de promover aos autores en galego de literatura infantil, e de inculcar o hábito lector nas xeracións máis novas.

O obra premiada, ademais da dotación económica, será publicada na colección Árbore de Galaxia e repartirase entre a rapazada da Pobra. O prazo de entrega remata o 30 de novembro, e as bases ou o documento de inscripción pódese consultar nas páxinas web dos organizadores.